Proseguen os campamentos urbanos de verán con 120 nenos no mes de xullo

Proseguen os campamentos urbanos de verán con 120 nenos no mes de xullo
o alcalde na visita aos pequenos

Continúan celebrándose en Ferrol os campamentos urbanos de verán que onte recibiron na ludoteca municipal do Cantón de Molíns a visita do alcalde, José Manuel Rey Varela, acompañado da concelleira de Igualdade e Xuventude, Verónica Casal Míguez. Este campamento, xunto co que se desenvolve no Centro Cívico Carvalho Calero, reúnen a 120 menores que levan a cabo actividades lúdicas e formativas durante este mes.
Un dos obxectivos desta actividade, ademais de ofrecer un espazo de ocio e educativo aos máis pequenos durante as vacacións, é axudar a conciliación da vida familiar e laboral das familias ferrolás.
Así, o rexedor municipal explicou que esta proposta da área de Xuventude conta cun incremento no número de prazas ofertadas no campamento da ludoteca, que pasa de 40 a 80. Rey Varela salientou a importancia da conciliación da vida laboral e familiar dirixida á infancia durante a época de vacacións escolares de verán.  Este campamento está destinado a nenos entre os 3 e os 6 anos.
Pola súa banda, Verónica Casal lembrou que, de maneira paralela a este campamento, está a ter lugar outro no Centro Municipal Carballo Calero, dirixido a nenos entre os 7 e os 12 anos, e no mesmo contan con actividades de importante compoñente educativo, así como lúdico e deportivo. Así, a titular de Xuventude explicou que este ano tamén foi duplicado o número de participantes no Campamento Urbano, contando entre os dous meses de verán cun total de 160 prazas, nos dous meses, fronte ás 80 ofertadas o ano anterior.

Proseguen os campamentos urbanos de verán con 120 nenos no mes de xullo

Te puede interesar