jueves 22.08.2019

Presentan un conto de Rosalía validado pola súa publicación nun diario ferrolá

A asociación Eira Vella de Betanzos editou un facsímil dun conto de Rosalía de Castro publicado en 1868 en El Eco Ferrolano. Onte mesmo presentábano no Ateneo Ferrolán.

Xesús Torres, Eliseo Fernández e Dobarro presentaron a obra	d.a.
Xesús Torres, Eliseo Fernández e Dobarro presentaron a obra d.a.

A asociación Eira Vella de Betanzos editou un facsímil dun conto de Rosalía de Castro publicado en 1868 en El Eco Ferrolano. Onte mesmo presentábano no Ateneo Ferrolán. No acto participaron o responsable da publicación e membro da asociación betanceira, Xesús Torres Regueiro, e tamén o catedrático de Lingua e Literatura Galega Xosé María Dobarro.
A importancia desta publicación radica en que grazas á súa descuberta confirmouse que o conto que aparecera publicado catro anos antes no coruñés El Avisador coas iniciais R.C. era de Rosalía de Castro, xa que na súa versión ferrolá estaba asinado co nome completo.

sobre o tren
O Ateneo Ferrolán continúa coas súas actividades e hoxe presenta nas súas instalacións da rúa Magdalena un novo libro. Trátase de “Perdemos o tren. As claves políticas do atraso”, de Manuel Monge González. Este mestre e sociólogo, ex concelleiro do BNG e presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, analiza distintos aspectos das infraestruturas no país, con atención ó ferrocarril e a distintos avatares políticos que influíron nas decisións tomadas  respecto ás liñas ferroviarias e á súa planificación. n

Comentarios