martes 4/8/20

Pilar García Negro presenta a súa visión de “Cantares Gallegos” de Rosalía na Escola Oficial de Idiomas

Ao cumprírense 150 anos da publicación en Vigo de “Cantares gallegos”, de Rosalía de Castro, a profesora María Pilar García Negro

capa da obra editada por alvarellos
capa da obra editada por alvarellos

Ao cumprírense 150 anos da publicación en Vigo de “Cantares gallegos”, de Rosalía de Castro, a profesora María Pilar García Negro leva a cabo unha posta ao día orixinal e orientada ao público actual da obra que ela mesma cualifica como “o primeiro monumento da literatura galega contemporánea”.

Así, organizado pola asociación cultural Medulio, ás 20.00 horas de hoxe preséntase na Escola Oficial de Idiomas o libro “Cantares gallegos, hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro”, publicado pola editorial Alvarellos. Na actividade no salón de actos da escola ademais da profesora García Negro estará tamén o grupo de teatro da asociación cultural Medulio.

claves

Segundo García Negro, as claves da obra de Rosalía de Castro son “o feminismo ilustrado e sempre socializado; o amor e a defensa afervoada da Galiza; e o compromiso radical coas súas clases populares”.

María Pilar García Negro (Lugo, 1953) é profesora da Universidade da Coruña. Ensino, cultura, políticas para as mulleres e política lingüística son os eixes sobre os que desenvolve a súa actividade profesional.

Leva publicados trece libros e numerosos artigos en medios de comunicación e revistas especializadas. A obra que que hoxe se presenta en Ferrol é o seu terceiro ensaio sobre Rosalía de Castro. Os anteriores foron: “Rosalía de Castro. El caballero de las botas azules. Lieders. Las literatas” (2006) e “O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo” (2010), que acadou o XV Premio de Ensaio en Ciencias Sociais Vicente Risco.

Pilar García Negro presenta a súa visión de “Cantares Gallegos” de Rosalía na Escola...
Comentarios