O eumés Antonio Fraga gaña o Premio Merlín coa súa primeira obra

O eumés Antonio Fraga gaña o Premio Merlín coa súa primeira obra
antonio fraga, onte co galardã³n nas mans ediciã³ns xerais

O escritor eumés Antonio Fraga recibiu onte o premio Merlín de literatura infantil e xuvenil pola súa novela “O castañeiro de abril”. O xurado do galardón, dotado con 10.000 euros, valorou na súa decisión o interese da trama, a súa “magnífica escrita” e uns personaxes “que quedan aboiando no teu maxín, quedando vivir alí por moito tempo”.
Fraga recolleu o premio nun multitudinario acto na illa de San Simón. Alí valorou as experiencias vitais que o levaron a escribir, desde as historias que lle contaba a súa madriña ata o momento en que, por circunstancias laborais (é enxeñeiro técnico industrial en paro) volveu coller libreta e bolígrafo e, inspirado polo nacemento da súa sobriña Icía, decidiu escribir literatura infantil. “Quería facer unha evocación do barrio onde vivo, en Monte Alto, nunha cidade, cun urbanismo deficiente. A partir da localización construín os personaxes e a hístoria saiu ó final”, explica. “Tiña claro que quería un compoñente máxico, que é o castañeiro, e que ía ser un conto moi conto, con malos moi malos e bos moi bos. E tampouco quería unha historia condescendente”.

axudas
Gran lector de literatura xuvenil (“máis agora que cando era neno”) e con Roald Dahl ou Michael Ende como referente, sobre todo o primeiro, debuxou as peripecias dun neno cego que fai fronte á adversidade. “Quería que fose un personaxe aparentemente débil pero con moitísima forza ante as circunstancias que lle van xurdindo, que non dese pena, que fose totalmente independiente, forte”.
O acto literario más importante de Galicia contou coa presenza de numerosos escritores e críticos. Como mantedor do acto falou o novelista Xabier P. Docampo, quen reivindicou a lectura como un instrumento para encher o noso espírito (“Non se pode vivir sen soñar”, asegurou) á vez que facía un afervoado chamamento ás novas xeracións para facer da lectura “un acto de rebeldía”.  

 

Xabier López López, fillo e neto de ferroláns

Os premios Xerais respiraron aire de Ferrolterra, xa que o gañador do premio de novela, o betanceiro Xabier López (Bergondo, 1974), ten tamén unha estreita relación con Ferrol, de onde é a súa nai e o seu avó “que traballaba na Bazán”, lembraba onte. Co texto “Cadeas” urdiu unha novela con historias relacionadas entre si e cun compoñente de sumisión. Hai guerras coloniais, conflitos bélicos, relacións de parella ou incluso a que se establece entre un lector e o autor. Para este avogado e novelista este premio é “unha aposta forte do xurado porque é unha novela seria, que non é compracente para todo tipo de lector, polo que é un espaldarazo”, asegurou. A diferencia de Fraga, López ten unha recoñecida traxectoria literaria chea de premios como o Risco de literatura fantástica (“O caderno”); o Lueiro Rey (“O mono no espello”) ou o García Barros e o da Crítica con “A vida que nos mata”.

O eumés Antonio Fraga gaña o Premio Merlín coa súa primeira obra

Te puede interesar