A nova regulación de cámpings rexerase por estrelas e inclúe especialización temática

A nova regulación de cámpings rexerase por estrelas e inclúe especialización temática
Diario de Ferrol-2019-08-22-010-b4f85a78

A nova normativa pola que se rexerán os cámpings galegos implica que pasarán a clasificarse mediante estrelas (de unha a cinco) e que se amplían as posibilidades de especialización, podendo ofrecer campamentos temáticos e tamén outros dedicados en exclusiva a caravanas e autocaravanas. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou onte as novidades deste decreto, que está na súa última fase de tramitación, durante unha visita ao Cámping Valdoviño. Estivo acompañada polo presidente da Asociación Galega de Cámpings, Delfín Fidalgo, e polo responsable de Pantín Classic Galicia Pro, Marcos Rodríguez.

Castro subliñou que se pasa de tres categorías que había agora a cinco, seguindo un sistema de estrelas semellante ao que empregan os establecementos hoteleiros que os fará “facilmente identificables”. Respecto ás temáticas, explicou que se engaden novas opcións aos xa existentes cámpings verdes, podendo así ser “deportivos, culturais ou doutras modalidades”. Tamén se permitirá a creación de espazos exclusivos para o autocaravanismo nos que non poderá haber tendas de campaña, pero que non inclúen os vehículos en tránsito, cuxa regulación é municipal.

A nova normativa galega establece as estrelas en función dos equipamentos e servizos ofertados e segundo o número de prazas e non de parcelas, como sucedía ata o de agora, co que se pretende que estean mellor dimensionados.

Haberá un período transitorio de cinco anos para adaptarse á nova norma, salvo para o que ten que ver con cuestións de seguridade, que si serán de aplicación inmediata.

A nova regulación de cámpings rexerase por estrelas e inclúe especialización temática

Te puede interesar