Nova edición do concurso de pintura mugardés “Bello Piñeiro”, dotado con 1.800 euros

O Concello de Mugardos recoñecerá un ano máis a creación artística coa convocatoria do XXIX Concurso de Pintura “Bello Piñeiro”,. o máis senlleiro da vila, no que os autores e autoras –teñen que ter como mínimo 18 anos cumpridos no momento da inscrición– poderán presentar obras desde hoxe e ata o día 18.

A concelleira de Cultura, Lola González, lembrou que, un ano máis, o premio celébrase separadamente do “Piñeiro Pose” –para os menores–, coa finalidade de outorgar maior protagonismo a cada un deles.

As obras terán un tamaño máximo de 150x150 centímetros, a técnica é libre e o tema xirará sobre o lema “A nosa terra”, coa súa paisaxe, contorna e tradición, pasado, presente e futuro como elementos centrais.

Cada persoa só pode presentar unha única obra orixinal, non premiada con anterioridade en ningún outro certame. Haberá un único premio de 1.800 euros e dous accésit que recibirán un galardón non metálico, así como un premio ao mellor pintor ou pintora local dotado con 400 euros.

Exposición

As obras presentadas participarán dunha exposición que será inaugurada no Local Social de Maiores de Mugardos o día 31 de outubro ás 20.00 horas. Nese mesmo momento procederase á entrega dos premios.

Os traballos terán que ser entregados no Departamento de Cultura do Concello, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

Nova edición do concurso de pintura mugardés “Bello Piñeiro”, dotado con 1.800 euros

Te puede interesar