sábado 06.06.2020

“Necesitamos espazos de liberdade para xogar e rir”

O Concello de Neda organiza mañá na Casa da Cultura entre as 17.00 e 19.00 horas o taller “Achegándonos á risa”, un obradoiro gratuíto (poden inscribirse ata mañás ás 13.00 horas no teléfono 981 390 233) que trata de amosar as potencialidades terapeúticas e curativas da risa.

Clara González, unha profesional da risa
Clara González, unha profesional da risa

O Concello de Neda organiza mañá na Casa da Cultura entre as 17.00 e 19.00 horas o taller “Achegándonos á risa”, un obradoiro gratuíto (poden inscribirse ata mañás ás 13.00 horas no teléfono 981 390 233) que trata de amosar as potencialidades terapeúticas e curativas da risa. A responsable de impartilo será a técnica superior en animación sociocultural, pallasa e actriz Clara González Domínguez ([email protected]).

Que van facer mañá en Neda?
Unha sesión de dúas horas para amosar á xente os beneficios da risa e exercicios para osixenar o corpo, de uso cotiá, moi sinxelos e que serven para desestresar. Pouco máis se pode facer. Este ano acabamos de rematar un curso no Museo do Humor de Fene, “Licenza para rir”, co que coñecer e valorar as potencialidades terapéuticas e curativas da risa; fomentar a creatividade individual e grupal dende o lúdico; utilizar a risa como unha ferramenta favorecedora da comunicación e un estímulo da creatividade.

Como traballa co grupo?
Tratando de activar o xogo e as boas sensacións. Nun hemisferio do cerebro gardamos a parte lóxica e racional, e aquí tratamos de trasladalo ao outro lado onde gardamos a capacidade de xogar, a creatividade e a imaxinación. Necesitamos espazos para xogar e rir, escapar da vida diaria e fomentar a creatividade que todos temos dentro. Hai un interese crecente nestas técnicas por parte de concellos, asociacións e entidades de todo tipo.

Vostede forma parte tamén da Fundación Theodora, que axuda aos pequenos nos centros hospitalarios a través da risa.
Si, son a doutora Kateterina. A nosa é unha entidade privada  –hai que dicilo que precisamos axudas!– e o noso traballo é o de humanizar a estancia dos nenos, adolescentes e as súas familias nos hospitais. Traballamos en toda España, visitamos de xeito individual aos pacientes, facemos acompañámento cirúrxico e organizamos talleres de todo tipo, de contacontos, etc.

Como definiría a experienciana Fundación Theodora?
Só podo darlle grazas á vida por poder compartir tantas emocións coa xente que necesita rir e xogar, como todo o mundo.

Comentarios