Música, artesanía e Food Trucks no Primavera Fest de Narón desta fin de semana

Música, artesanía e Food Trucks no Primavera Fest de Narón desta fin de semana
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-45369e50

A concelleira de Festas naronesa, Mar Gómez, presentou onte o Primavera Fest Narón, unha cita que esta fin de semana reunirá no parque do río Freixeiro a food trucks, postos de artesanía e  música e baile. A edil animou á veciñanza a acudir a este evento, que dará comezo o venres, día 26, e rematará o domingo 28.

As persoas que se acheguen poderán degustar algunha das variedades gastronómicas que se ofrecerán nas cinco “food trucks” que acudirán ao Primavera Fest Narón. Estarán presentes nesta primeira edición as cociñas móbiles “Con palillos”, de comida xaponesa; “Mean dogs”, con propostas veganas; “Pink and mint”, de sobremesas e café; “A Pavoneta”, con menús a base de pavo e a única do país con certificación sen gluten e tamén estará en Narón  “Chibiski”, de comida mexicana. O venres poderase acudir a partir das 18.00 horas e ata a medianoite podendo disfrutar da actuación de DJ Juanky, a partir das 21.00 horas.

A concelleira naronesa avanzou tamén que na xornada do sábado, día 27, os postos abrirán de 11.00 a 01.00 horas, cun descanso a primeira hora da tarde. Ao mediodía tamén haberá un concerto de Mathew Ward, ás 14.00 horas e, xa pola tarde, unha exhibición de Hip Hop, a cargo de All Dance Studio, que será contra ás 19.30 horas. Seguidamente Adrián López ofrecerá un concerto acústico e para pechar a xornada, ás 22.00 horas, dará comezo e un concerto de The Cruze.

O último día, o domingo 28, o horario de apertura dos postos será de 11.00 ata medianoite. O programa completarase cun concerto de Minguante, ás 14.00 horas; outro de Isma Taboada, ás 16.00; unha master class de zumba con All Dance Studio, ás 18.30, na que poderán participar todas as persoas que o desexen e, finalmente, pechará o Primavera Fest Narón o concerto de 3D Band, que dará comezo ás 21.00 horas.

Así mesmo, no parque de Freixeiro instalaranse postos de cervexa artesá, procedentes de Ferrol, A Coruña, Lugo e Pontevedra, e tamén outros produtos, para completar a oferta deste evento, tal e como explicou Mar Gómez, quen sinalou que o Concello aposta por estas tres xornadas de ocio familiar nas que non faltará “a música, o mercado e nas que tamén se ofrece a posiblidade de que as persoas que o desexen poidan aproveitar ao máximo o seu degustando algunha das propostas culinarias” asegurou.

Música, artesanía e Food Trucks no Primavera Fest de Narón desta fin de semana

Te puede interesar