Máis de 600 mozos ferroláns poden beneficiarse este ano dos 400 euros no bono cultural

Máis de 600 mozos ferroláns poden beneficiarse este ano dos 400 euros no bono cultural
A subdelegada do Goberno en Cantón 4 | cedida

A subdelegada do Goberno da Coruña, María Rivas, presentou en Ferrol a apertura da convocatoria do Bono Cultural Joven, impulsado polo Ministerio de Cultura, do que serán beneficiarios os nados en 2007.


Este proxecto permite que todas aquelas persoas que alcancen a maioría de idade—630 no caso de Ferrol— e soliciten o bono na web do mesmo antes do 31 de outubro obteñan 400 euros para gastar en contido cultural. 


A subdelegada salienta como esta iniciativa “fomenta o acceso á cultura aos mozos que cumplen 18 anos”, e valora como permite “experimentar” coas diversas formas nas que esta se presenta na nosa sociedade, ademais de concebilo como unha oportunidade para impulsar o comercio local, animando aos establecementos a que se adhiran ao programa. Na provincia da Coruña son máis de 100 os comercios que incorporan o Bono Cultural, dos cales 12 pertencen a Ferrol.


O uso do bono poderá levarse a cabo durante un ano a partir da súa concesión e está distribuído en distintas categorías, de xeito que 200 euros están destinados a artes escénicas, 100 euros a produtos culturais en soporte físico e os 100 euros restantes a produtos dixitais.  

 

Máis de 600 mozos ferroláns poden beneficiarse este ano dos 400 euros no bono cultural

Te puede interesar