domingo 15.12.2019

Mercadillo de libros de texto de segunda man de KPUS

Co obxectivo de contribuír ao elevado gasto ao que as familias teñen que facer fronte cada novo curso á hora de adquirir os manuais precisos para as clases, a empresa ferrolá KPUS

Co obxectivo de contribuír ao elevado gasto ao que as familias teñen que facer fronte cada novo curso á hora de adquirir os manuais precisos para as clases, a empresa ferrolá KPUS vén de deseñar unha campaña que se traducirá na celebración do primeiro mercadillo de libros de texto de segunda man.
Este levarase a cabo nos centros Dolce Vita Odeón de Narón e no de A Coruña, así como en Área Central de Santiago de Compostela. Así, desde o pasado día 15 pódese descargar da páxina web www.kpus.es a ficha de rexistro necesaria para poder tomar parte na iniciativa. No formulario porase, entre outras cuestións, o prezo que cada un estime oportuno para a  venta dos seus libros.

depósito
A vindeira semana, entre o mércores 26 e o sábado 29, teranse  que depositar os libros nalgún dos mencionados centros comerciais, en horario de dez da mañá a dez da noite.
Os manuais poñeranse á venta do 3 ao 6 de xullo nos mesmos lugares e horarios. Finalmente, as personas que tomen parte no mercadillo terán de prazo do 10 ao 13 de xullo para recoller os cartos da venta así como os libros non vendidos. KPUS cobrará un euro por cada libro movido. Os organizadores da campaña animan á cidadanía a participar na proposta.

Comentarios