miércoles 21.08.2019

Medulio recupera o valor dos clásicos cun ciclo literario sobre Castelao, Pedrayo e Blanco Amor

A asociación cultural Medulio vén de pór en marcha unha iniciativa aberta ao público para, en forma de charlas, analizar o valor de tres dos grandes escritores  galegos do século XX: Castelao.

O profesor Rodríguez, nunha charla anterior sobre Castelao	    D.A.
O profesor Rodríguez, nunha charla anterior sobre Castelao D.A.

A asociación cultural Medulio vén de pór en marcha unha iniciativa aberta ao público para, en forma de charlas, analizar o valor de tres dos grandes escritores  galegos do século XX: Castelao, Otero Pedrayo e Blanco Amor. A iniciativa celebrarase na Galería Sargadelos e resulta libre e gratuíta, aínda que hai que apuntarse antes do día 28 deste mes no propio local ou nos teléfonos 646 571 168 ou 609 567 105.
As persoas participantes recibirán os textos que van ser obxecto de análise. Para a primeira sesión do día 30, sobre Castelao, poderán recollerse desde o día 26 en Sargadelos.

programa
Así pois, a programación comezará analizando a figura do autor de “Os dous de sempre” e “Sempre en Galiza” a través do experto profesor Manuel Rei, autor de varias biografías sobre o político e artista. Será o día 29 de abril e o 6 de maio. Para tratar a figura de Ramón Otero Pedrayo, estará a profesora da UDC Laura Tato, precisamente expresidenta da asociación Medulio. As citas para afondar na obra do autor de “Os camiños da vida” serán os días 27 de maio e 3 de xuño.
Finalmente, a figura e obra de Eduardo Blanco Amor –de grande actualidade este mesmo ano coa estrea da nova versión cinematográfica do seu clásico “A esmorga”–, será comentada polo profesor Francisco Rodríguez os días 10 e 17 de xuño.
Os horarios das charlas serán ás 19.00 horas.

Comentarios