As incursións cara ás Indias desde Galicia, nunha exposición do Consello da Cultura

As incursións cara ás Indias desde Galicia, nunha exposición do Consello da Cultura
Los paneles de la exposición “Inventio Mundi”, en una de los lugares por los que ha itinerado hasta la fecha

A historia do comercio peninsular con América e da busca de novas rutas para chegar ás Indias polo oeste ten un capítulo galego pouco coñecido. Despois de que Magalhães e a súa tripulación atopase a forma de superar o continente e circunnavegar o globo, tentouse establecer unha ruta que partise desde portos galegos. Esta nova vía concrétase nun proxecto de colonización e en cinco expedicións, das que se levaron adiante catro.

A exposición  “Inventio Mundi”, que desde hoxe se pode ver en Exponav, afonda na historia da navegación galega desde o século XV ata o XVII, con especial atención a este capítulo histórico e a quen protagonizou estas viaxes. A da carabela “Anunciada”, con Estevao Gomes como capitán, a de García Jofre de Loaysa, a de Diego García de Moguer e a de Simón de Alcazaba foron os catro intentos que se rexistran. Figuras como Sebastián de Ocampo, Fernando de Andrade, Gómez Pérez das Mariñas ou Sarmiento de Gamboa sobresaen tamén nesta historia da navegación marítima.

Á par, hai tamén referencias literarias e culturais que arrancan desde a Galicia medieval e chegan ata a época contemporánea.
A exposición está impulsada polo Consello da Cultura Galega e comisariada por Ofelia Rey. Nunha trintena de paneis logra contar esa historia pouco coñecida das viaxes transoceánicas. Estaba previsto un acto de inauguración que se suspendeu pola Covid-19 pero mantense a apertura. Pódese visitar ata o 30 de novembro. 

Lectura suspendida 
Outra actividade suspendida en Exponav por precaución ante a evolución da pandemia é a maratón de lectura en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero que se ía levar adiante este sábado como parte da celebración do Día das Letras Galegas, dedicadas ao autor ferrolán. Anunciarase outra data cando poida celebrarse.

Tampouco se levará a cabo a visita guiada gratuíta prevista no mes de novembro.

As incursións cara ás Indias desde Galicia, nunha exposición do Consello da Cultura

Te puede interesar