domingo 25.08.2019

La Guardia, Miguel Costas e Susana Seivane, no cartel musical das festas de Mugardos

A primeira das bandas ofrecerá hox un concerto ás 22.30 horas no parque da Constitución

Mugardos. Festa do Polbo
Mugardos. Festa do Polbo

Tralo pistoletazo de saída o pasado sábado coa multitudinaria Festa do Polbo, a vila de Mugardos segue inmersa nos seus festexos de verán con actividades para todos os gustos e totalmente gratuítas. Hoxe será a quenda para a música, co concerto que a mítica banda La Guardia ofrecerá a partir das 22.30 horas no Parque da Constitución. O grupo, que triunfou nos anos 80 e que regresou a partir de 2003, repasará os seus grandes éxitos.


O rock volverá de novo mañá mércores, desta volta da man de Miguel Costas. O músico que triunfou con grupos tan coñecidos como Siniestro Total, ofrecerá o seu repertorio con temas míticos que popularizou con esta e outras formacións. Será ás 22.30 horas no Parque da Constitución.

Xoves
A xornada do xoves incluirá unha festa para os máis pequenos coa actuación do grupo Teatro Calavera que dará comezo ás 19.30 horas na Praza do Concellos. Alí poñerán en escena a peza “Festa pirata na illa Calavera”.


O concerto da noite –22.30 horas no parque da Constitución– estará protagonizado pola gran gaiteira Susana Seivane, que presentará en Mugardos o seu novo traballo discográfico “Fa”. O prorama de festas prolongarase ata o vindeiro luns 22.

Comentarios