O Duplex Cinema acolle esta mesma tarde de xoves, ás 20.00 horas, a estrea en Ferrol do último filme de César Souto, “A Foreing Song”. Trátase dunha peza documental que se mergulla na obra do poeta estadounidense Wallace Stevens, unha das figuras máis singulares do modernismo literario, que se presenta coa presenza do propio cineasta, con quen se anima a establecer un coloquio posterior.
A película vén da man de Matriuska Producciones, unha das empresas galegas máis recoñecidas do ámbito do cinema de autor, co que volve a posicionarse ao apoiar unha obra poética e con proxección internacional. Por medio dun punto de vista íntimo e coidado, o filme explora os territorios da identidade, a creación e a memoria.
O resultado foi recoñecido en diversas ocasións: en primeiro lugar, co premio á Mellor Película Española e Mellor Dirección no Festival Internacional de Cine de Xixón 2022; amais de ser finalista nos Mestre Mateo 2023, nas candidaturas a Mellor Documental, Dirección de Fotografía e Dirección de Produción.