Domingo 16.06.2019

Ferror Records, o novo selo da música independente de Ferrol, dáse a coñecer ao gran público

Dicía o poeta Ramiro Fonte que as historias máis locais son tamén as máis universais. O novo selo discográfico Ferror Records segue esa máxima de forma .

O proxecto ofreceu varios produtos relacionados co selo	F.F.ernández
O proxecto ofreceu varios produtos relacionados co selo F.F.ernández

Dicía o poeta Ramiro Fonte que as historias máis locais son tamén as máis universais. O novo selo discográfico Ferror Records segue esa máxima de forma sintética: “Apoia a túa escena local”. Con este lema a casa creada por Sergio Peck e Fernando Fernández presentouse oficialmente o pasado sábado na sala Súper 8 recibindo o apoio de boa parte desa escena nunha sala ateigada de seareiros, algún deles incluso con cargo institucional. Non sempre nace un selo de discos en Ferrol. 
O acto desenvolveuse a través dunha austera presentación a cargo dos seus promotores e contou coa participación de varias das bandas locais que nutren ou nutrirán os futuros proxectos do selo. Alí estaban Óscar Quant, acompañado nun coreado “Blister in the sun” dos Violent Femmes por Rubén Coca; Weather Underground; Síndrome Winona; así como Carrero Bianco, presentando novos temas, igual que un dúo saído da banda electrónica, Espejos y Diamantes, que debutou ante o público e, polo tanto, tamén presentou as súas cancións novas.

nova escena 
O selo aproveitou ademais para facer merchandising dos seus novos produtos. Entre eles hai que destacar o CD recompilatorio de bandas locais. Este primeiro volume inclúe a dezaseis bandas ferrolás e comarcais que supoñen un resumo da actual escena independente tanto da cidade como da comarca. 
Entre os grupos e artistas que conforman esta selección musical figuran bandas novas ou veteranas como Alarido Mongólico, que xa asinou para Ferror Records; Cable; Carrero Bianco; Cuerpo Astral; Espejos y Diamantes; Jamie Fifthring; Klute Band; Koroiev; Korokati; Kurwa!; Os Gru; Quant; Rubén Artabe; Síndrome Winona; Skyhooks e Weather Underground. n

Comentarios