Ferrol ofrece visitas guiadas polos xardíns e á SGHN no Día Mundial das Persoas Maiores

Ferrol ofrece visitas guiadas polos xardíns e á SGHN no Día Mundial das Persoas Maiores
Sala de comisiones del pazo municipal. Eva Martínez presenta el programa de actividades con motivo del Día de los Mayores

Ferrol celebra o Día Mundial das Persoas Maiores, o 1 de outubro, ofrecendo a este colectivo dúas visitas guiadas e un xantar con amenización musical no comedor sénior da rúa Río Xubia. Ambos roteiros realizaranse xustamente o día 1.

Un deles será polos xardíns históricos da cidade, incluíndo o Cantón de Molíns, a alameda de Suances, o Paseo de Irmandiños, a alameda do Carbón, o Arsenal, praza Vella, San Francisco, Herrera e Amboage. Hai 25 prazas e dous monitores e a saída está prevista ás 10.30 horas da capela das Angustias, en Esteiro.

A outra visita guiada será polo museo da Sociedade Galega de Historia Natural, en Canido, para coñecer os seus fondos e a súa importancia pedagóxica. Tamén se ofertan 25 prazas e comezará á mesma hora que a dos xardíns, ás 10.30. Despois, todos os participantes gozarán dun xantar no comedor sénior da rúa Río Xubia, con música da rondalla Añoranzas. As cinco persoas de maior idade que participen recibirán un agasallo. Nos demais comedores (San Pablo, Caranza, Esteiro e Canido) servirase un menú especial polo Día das Persoas Maiores.

San Froilán e As San Lucas

As persoas maiores que sexan usuarias dos Servizos Sociais poderán tamén viaxar a Lugo e a Mondoñedo, dúas localidades irmandadas con Ferrol, polas festas de San Froilán e a feira das San Lucas. A primeira saída será o día 5 e a segunda, o 18 de outubro. Non será unha viaxe aberta a toda a poboación.

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez, presentou onte estas actividades e afirmou que tamén se están preparando outras que teñen como destinatarios os maiores na zona rural. Ademais, avanzou que en próximas datas haberá charlas nos comedores sénior para darlles unhas pautas de alimentación que lles permitan sobrelevar a diabete e adquirir bos hábitos alimentarios.

No ámbito informativo comezarán a próxima semana as charlas nas que se dará a coñecer o servizo de teleasistencia que presta a Cruz Vermella en colaboración co Concello e que non ten aínda cubertas todas as prazas. A primeira destas reunións será o martes 24, ás sete da tarde, en Caranza. Acudirá a concelleira e tamén representantes da Cruz Vermella para explicar o funcionamento deste servizo. l

Ferrol ofrece visitas guiadas polos xardíns e á SGHN no Día Mundial das Persoas Maiores

Te puede interesar