• Martes, 25 de Septiembre de 2018

Convenio entre a UDC e a Asociación de Historia e Cultura Militar Noroeste

O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luis Armesto, e o presidente da Asociación de Historia e Cultura Militar Noroeste, José Ricardo Pardo Gato, asinaron onte un convenio de colaboración.

Convenio entre a UDC e a Asociación de Historia e Cultura Militar Noroeste
Un momento do acto da sinatura celebrado onte
Un momento do acto da sinatura celebrado onte

O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luis Armesto, e o presidente da Asociación de Historia e Cultura Militar Noroeste, José Ricardo Pardo Gato, asinaron onte un convenio de colaboración que permitirá, entre outras cousas, o acceso de alumnado e profesorado da institución académica herculina aos fondos bibliográficos e documentais da Biblioteca Histórico Militar da Coruña e do Arquivo Intermedio Militar Noroeste, en Ferrol. Poderán empregalo así tanto para a súa consulta como para o desenvolvemento de proxectos de investigación. O acordo foi promovido polo decano da Facultade de Dereito, José Manuel Busto Lago, presente na sinatura de onte.
O reitor manifestou a súa satisfacción polo convenio, que facilitará a investigación do persoal da UDC e permitirá, ao mesmo tempo, apoiar e estimular o coñecemento do devandito centro cultural.