A comunidade educativa do CEIP San Xoán esíxelle á Xunta que “cumpra a súa palabra”

A comunidade educativa do CEIP San Xoán esíxelle á Xunta que “cumpra a súa palabra”
A andaina saíu do centro en dirección ao edificio administrativo | d. alexandre

A comunidade educativa do CEIP San Xoán de Filgueira, encabezada pola Anpa e co apoio dos grupos políticos da oposición (PSOE, BNG e FeC) e do sindicato CIG, rexistrou onte no edificio administrativo da Xunta o escrito, apoiado nas 1.500 sinaturas recollidas neste últimos días, no que lle reclaman á Consellería de Educación que rectifique a decisión de suprimir unha unidade en Primaria.


“Estamos disgustadas”, recoñeceu a presidenta da Anpa, Lorena Dapena, “porque lonxe de conseguir o que pedimos, que é a revogación da supresión da unidade, estamos no peor dos escenarios, ao consumarse tamén o cese da xefatura de estudos que conleva a redución desa aula”.


Dapena lembrou que nunha  reunión anterior Inspección educativa se comprometera a manter as aulas separadas –e polo tanto, un docente máis– de primeiro e segundo curso de Primaria se a matrícula chegaba aos dezaoito alumnos. Naquela altura había dezasete. Xa somos dezaoito e a piques de confirmar o dezanove, pero Inspección di que non”. Para a presidenta da Anpa, esta negativa supón un “incumprimento da palabra dada” e lembrou que “Inspección sabe perfectamente que cada ano recibimos alumnado durante o curso, especialmente nos últimos cursos. Sábeo perfectisimamente”.


Por iso, a comunidade do CEIP seguirá mobilizándose, adiantou Dapena, que ademais lembrou que ten pedida unha xuntanza coa delegada da Xunta, Martina Aneiros, e co xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana. 

A comunidade educativa do CEIP San Xoán esíxelle á Xunta que “cumpra a súa palabra”

Te puede interesar