Comeza en Canido a campaña para recoller roupa de abrigo da asociación Movilidad Humana

Comeza en Canido a campaña para recoller roupa de abrigo da asociación Movilidad Humana
A recollida de pezas de abrigo faise no Centro Cívico en horario de mañá e tarde I JORGE MEIS

A asociación Movilidad Humana para a colaboración ao desenvolvemento, “dentro da habitual loita contra a situación desfavorecida de moitas familias e persoas que chegan ao país sen recursos, migrantes e retornados, pide axuda e colaboración humanitaria para protexer do frío e liquidar a carencia de recursos básicos destas xentes”, informan nun comunicado.


Deste xeito, a  entidade ferrolá, xunto co Centro Cívico de Canido, realiza desde a xornada de onte a recollida e doazón de pezas de abrigo para “facer do inverno unha estación máis cálida”, como inciden. A campaña permanecerá activa ata o vindeiro 17 de novembro, podendo levar pezas de roupa de abrigo tódolos días ata esa data, de luns a venres, en horario de mañá (de 11.00 a 13.00 horas) e de tarde (17.00 a 20.00 horas) en dependencias do Centro Cívico do barrio.


Con esta, a entidade embárcase na que será a sexta campaña que lanza a asociación na que “esperamos poder seguir abrigando a tantas persoas como sexa posible”, subliñan. Desde Movilidad Humana agradecen a colaboración cidadá ante este tipo de propostas e accións sociais, así como o compromiso coas persoas que contan con menos recursos.

Comeza en Canido a campaña para recoller roupa de abrigo da asociación Movilidad Humana

Te puede interesar