O CCG homenaxea a Carvalho cunha obra teatral e unha peza musical

O CCG homenaxea a Carvalho cunha obra teatral e unha peza musical
Jofre acto Carbalho Calero

Como xa fixera hai dúas semanas con Andrés Comerma, homenaxeado deste ano pola Real Academia Galega das Ciencias, o Consello da Cultura Galega –CCG– volveu desembarcar en Ferrol para recoñecer a figura do outro ferrolán que este 2020 acapara as olladas do mundo da cultura, Carvaho Calero.

Foi no teatro Jofre no que se presentaron dúas pezas que, segundo a presidenta da entidade, Rosario Álvarez, “evocan en dous contextos distintos a cidade de Ferrol”. Así, presentouse a publicación facsímile sobre a “Farsa das zocas”, unha obra teatral escrita polo protagonista do Día das Letras e que conta cun limiar de Carlos Biscainho. A peza está baseada nun relato popular recollido polo autor en San Sadurniño e no acto de onte contou coa proxección dun vídeo coa súa dramatización.

Non foi a única presentación. Así, o acto, tralos discursos, rematou co concerto “Ferrol 1916”, no que se interpretou a peza para piano e soprano que o compositor alacantino afincado en Ferrol Miguel Brotóns realizou a partir dun poema homónimo de Carva-lho incluído no seu poemario “Futuro incondicional”. Esta obra estreouse o pasado 17 de maio, aínda que onte foi a primeira vez que se interpretou diante do público.

Desde o CCG lembraron que este foi un preludio dos actos institucionais que deberían ter sido en maio pero que se adiaron aos vindeiros días 30 e 31 por mor da crise sanitaria e agora se fan coincidir co día do nacemento do homenaxenado. l

O CCG homenaxea a Carvalho cunha obra teatral e unha peza musical

Te puede interesar