Carlos Villar, Pablo Fuentes e Camilo Reinoso foron os gañadores da cucaña eumesa

Carlos Villar, Pablo Fuentes e Camilo Reinoso foron os gañadores da cucaña eumesa
Un dos concursantes mentres se lanzaba á auga | emilio cortizas

As Peras de Pontedeume van polo seu terceiro día de celebración e hoxe tivo lugar unha das citas de referencia das festas patronais. Trátase da tradicional cucaña marítima, que remata coa queima do Galán e a traca.
 

O éxito da actividade, que estaba programada para que comezase á 13.00 horas, demóstrao a considerable afluencia de público xunto cos participantes que formaron parte. A cucaña marítima constitúe un dos eventos das festas que máis xente atrae todos os anos, e este non foi menos, con máis motivo cando se lembra que os dous anos anteriores non se organizou o encontro debido á pandemia. Ademais anotáronse ao concurso un total de 63 participantes.
 

Foron tres os premios que se repartiron, o primeiro estaba constituído por unha cantidade de 400 euros, o segundo 280 e o terceiro 170. Así pois, os gañadores foron Carlos Villar, Pablo Fuentes e Camilo Reinoso, ordeados por orde de posición. Unha vez que os tres participantes conseguiron a bandeira, continuouse coa tradicional queima do boneco mariñeiro e o son das bombas.
 

A historia desta tradición na vila de Pontedeume remóntase ao século XIX. De feito, no primeiro programa das festas que se ten constancia xa se celebraba o día 8 de setembro.

Carlos Villar, Pablo Fuentes e Camilo Reinoso foron os gañadores da cucaña eumesa

Te puede interesar