lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

BÖJ e Carlos Núñez poñen a nota musical da semana dentro da axenda cultural de Ferrol

Os músicos do grupo da comarca actúan esta tarde no Torrente

O centro cultural Torrente Ballester abre hoxe as súas portas, ás 21.00 horas, a unha nova función do ciclo “Os xoves da capela”, protagonizado desta volta por unha formación da comarca de Ferrolterra. Trátase de BÖJ, que achegará así ao público a súa música de estilo propio con tintes do folk galego, irlandés e escocés.


O grupo, nado en 2002, foi galardoado no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira no ano 2016 co Premio do Proxecto Runas e no concurso Folkez Blai en 2019. As entradas para o concerto desta tarde teñen un prezo de tres euros.


A música continuará o domingo cunha cita xa case habitual no calendario de nadal do Concello de Ferrol, o concerto do recoñecido gaiteiro galego Carlos Núñez, que chega de novo á cidade no marco da súa xira navideña. Será o domingo, ás 19.00 horas, no teatro Jofre, espazo no que o público poderá gozar dunha auténtica festa da música celta na que tamén se contará coa presenza, como convidados, dalgún músico da zona, como a zanfonista María López, que ademais deste instrumento tocará tamén a gaita, e a banda Agarimo de Catabois. Será un espectáculo cargado de emoción, sorpresas e a música de raíz celta que o músico vigués leva espallando desde hai máis de dúas décadas por todo o mundo, contando cun gran recoñecemento entre o público. Entradas para o concerto desde 19 euros. 

BÖJ e Carlos Núñez poñen a nota musical da semana dentro da axenda cultural de Ferrol

Te puede interesar