O Auditorio ofrece mañá unha cita co galego e a música co festival “A Mocidade coa Lingua”

O Auditorio ofrece mañá unha cita co galego e a música co  festival “A Mocidade coa Lingua”
auditorio Mocidade coa Lingua

Un ano máis, o Auditorio Municipal acollerá mañá dende as 10.30 horas unha nova edición do festival “A Mocidade coa Lingua”, unha cita que este ano celebra o seu 25 aniversario.
O concelleiro de Normalización Lingüística, Álvaro Montes, e Pilar Patiño, da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra –promotora do festival– deron conta desta celebración, na que participarán máis de 700 rapaces e rapazas de diferentes centros de toda a comarca.
Montes destacou a significación do acto como unha aposta clara á producción de arte e cultura en xeral e de música en particular, en galego. “Son moitos os cativos que desexan ver contidos como a “Patrulla Canina” ou “Frozen” en galego e mesmo era unha das súas demandas nas cartas que este pasado Nadal enviaron ós Reis Magos a través dos buzóns municipais”, destacou, ao tempo que fixo referencia á escasa aposta que a Xunta fai nestes tempos polo idioma, en contraposición ca época do “Xabarín Club”.
Este ano subiránse ao escenario cinco grupos noveis de catro institutos da comarca. O primeiro en actuar será o Coro Solidarium do IES Terra de Trasancos (Narón), seguido de Terras do Além, do mesmo centro. A continuación, será o turno de The Last Chance, formado no IES Sofía Casanova e de OAK Sons, do IES Carvalho Calero. Indianos, integrado por alumnos do IES de Neda, será o encargado de pechar as actuacións estudiantís.
Por último, os asistentes poderán gozar, como todos os anos, dunha actuación profesional. Neste caso, o artista convidado será Sokram, integrante do recoñecido grupo de hip hop de Ordes, Dios que te crew, que o pasado ano sacou o seu primeiro traballo en solitario, “Chuvia ácida”, e que mañá dará a coñecer no Auditorio.
“Agradecemos a colaboración do Concello e esperamos poder continuar facendo este festival  para que se normalice o cantar en lingua galega, algo que ata hai pouco era unha vergoña”, indicó Pilar Patiño.

O Auditorio ofrece mañá unha cita co galego e a música co festival “A Mocidade coa Lingua”

Te puede interesar