A Fundación Artabria lembra a figura de Ricardo Carvalho Calero no 23 cabodano do seu pasamento

A Fundación Artabria lembra a figura de Ricardo Carvalho Calero no 23 cabodano do seu pasamento
un momento da homenaxe ao galeguista en ferrol vello

Como vén sendo habitual nos últimos anos, a Fundación Artabria quixo lembrar a figura do profesor e escritor galeguista Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 30 de outubro de 1910 - Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1990), na casa onde naceu o ilustre intelectual e cando se cumpre o 23 cabodano do pasamento do autor de “Scórpio”. Medio cento de persoas levaron a cabo unha tranquila lectura de textos e fixeron unha ofrenda floral na rúa San Francisco onde viviu Carvalho Calero nun acto no que, a diferencia do sucedido o pasado ano, non houbo incidentes nin multas por parte da Policía Local.

Na intervención, os responsables da Fundación Artabria lembraron a figura do profesor ferrolán e destacaron o “menosprezo do seu esquecemento institucional”, en referencia ao tratamento que a Real Academia Galega ten verbo da non adicatoria do Día das Letras ao ferrolán. Tamén manifestaron “o desleixo do Goberno municipal á hora de acometer a restauración da casa natal do escritor, ata o de agora pendente de levarse a cabo”.

 

A Fundación Artabria lembra a figura de Ricardo Carvalho Calero no 23 cabodano do seu pasamento

Te puede interesar