miércoles 20.11.2019

Os versos de Xosé María Paredes alumean Magalofes

A AVV de Magalofes aproveitou a celebración do Día das Letras Galegas, o domingo, para render homenaxe a un veciño de 101 anos que, aínda que agora vive en Neda, non se esquece das súas raíces e ten escrito poemas dedicados á súa parroquia natal.

Paredes, o domingo, en Fene
Paredes, o domingo, en Fene

A AVV de Magalofes aproveitou a celebración do Día das Letras Galegas, o domingo, para render homenaxe a un veciño de 101 anos que, aínda que agora vive en Neda, non se esquece das súas raíces e ten escrito poemas dedicados á súa parroquia natal, onde ademais aínda reside a súa irmá, que ten 105 anos. Desde a privilexiada atalaia sobre a ría na que se ubica o local social, José María Paredes recibiu o agarimo dos seus veciños e lembrou diversos aspectos da súa vida.
El emigrou a Uruguai con 17 anos e alí buscou a vida en distintas profesións, relacionadas coa hostalería e co ocio (bares, hoteis, cines). Regresou a casa na década dos setenta.
A celebración das Letras Galegas rematou pola tarde cunha charla do escritor eumés Antonio Manuel Fraga (“Xildas”, “O castañeiro de abril”) e con xogos infantís.

Comentarios