NEDA | Carlos Caaveiro (Moveneda): “A nosa candidatura está creada para Neda, é un traxe a medida para os problemas e para as cousas boas”

NEDA | Carlos Caaveiro (Moveneda): “A nosa candidatura está creada para Neda, é un traxe a medida para os problemas e para as cousas boas”
O candidato de Moveneda, Carlos Caaveiro

Moveneda ten un concelleiro e aspira a mellorar o resultado cunha candidatura que lidera Carlos Caaveiro e que está, explica, “feita a medida, creada por e para Neda, para os problemas e para as cousas boas”. É un proxecto, “madurado na oposición” e cun equipo “consolidado” nestes últimos oito anos. Considera Caaveiro que neste tempo realizouse desde o goberno local un traballo “de mantemento” pero “sen proxectos a longo e medio prazo”, sen propostas “valentes que lle planten cara ás problemáticas: o despoboamento, o peche de negocios, a falta de ilusión de vir vivir a Neda”. Trátase, di, dunha “dinámica tóxica” que converte a localidade “nun pobo pantasma”. 

 

As prioridades de Moveneda pasan por desbloquear a normativa urbanística modificando as normas subsidiarias, o que permitiría avanzar mentres se segue traballando no PXOM. Respecto da vivenda, propoñen a creación dun instituto municipal que dea solución ás casas baleiras. Hai que buscar fórmulas, explica Caaveiro, “que axuden a poñelas en alugueiro” e a aproveitar todo ese potencial. Posta en valor do patrimonio histórico e natural como un atractivo para vivir en Neda, apoio aos pequenos negocios e demanda de servizos como o transporte, propostas para os novos e para os maiores (con casas do maior que complementen o centro de día) forman parte tamén do programa da formación.

NEDA | Carlos Caaveiro (Moveneda): “A nosa candidatura está creada para Neda, é un traxe a medida para os problemas e para as cousas boas”

Te puede interesar