Martínez Bardanca preséntase en Mugardos como a opción de goberno fronte “ao descontrol”

Martínez Bardanca preséntase en Mugardos como a opción de goberno fronte “ao descontrol”
Presentación da candidatura socialista en Mugardos I Cedida

O PSOE de Mugardos presentou onte a súa candidatura no Centro Cívico da localidade co seu cabeza de lista, José Ángel Martínez Bardanca, arroupado polo secretario provincial do partido, Bernardo Fernández


Fernández sostivo que esta é “a única opción que pode garantir progreso e futuro para Mugardos” e que vai ser “o alcalde de todos e todas as veicñas, algo que nunca pasará cun candidato do PP”. Lembrou ademais a ausencia do actual alcalde mugardés nas mobilizacións en demanda dun transporte público digno na comarca.


José Ángel Martínez Bardanca prometeu “traballo, xestión e eficacia, fronte ao descontrol que hai agora mesmo no concello”.


A lista complétana Marta Ruiz, Ignacio Fernández –os tres primeiros son concelleiros na actualidade–, Laura Toimil, Luis Antonio Dieste, María Ángeles Ferreiro, Juan Carlos Rey, Isabel Calvo, José Ángel Romero, Andrea Bastida, Alejandro Fernández, Tamara Galán e José Manuel Varela.

Martínez Bardanca preséntase en Mugardos como a opción de goberno fronte “ao descontrol”

Te puede interesar