lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Veciños de Porto do Cabo anuncian mobilizacións se non lles conectan a fibra

Os veciños comezarán a mobilizarse a partir do primeiro de xaneiro | cedida

Veciños de Porto do Cabo, fartos de anos de espera para poder contar con fibra óptica nos seus fogares, aseguran que iniciarán mobilizacións si, finalmente, Movistar non remata a instalación da fibra óptica nos seus fogares. A compañía de telefonía anunciou que culminaría a instalación antes do 31 decembro deste ano, “logo de que este pazo se prorrogara inexplicablemente dous anos, xa que a data anterior estaba fixada en decembro de 2020”, lembran os veciños.


Dende a AVV Porto do Cabo máis a Cooperativa Vilaboa asegurn que levan “13 meses de incesantes xestións sin ter ningunha resposta por parte de ninguén e moito nos tememos que non se vai cumplir dito prazo”.


Así, sosteñen que ata esta data tanto a administración local como a Delegación do Goberno en Galicia, así como as empresas  (Movistar, Zener, etc.) que traballan ou o fixeron nalgún momento na instalación de fibra, “estiveron permanentemente enganando a veciñanza e evitando calquer tipo de responsabilidade”.


Desde a AVV e a Cooperativa aseguran que en todo este tempo “votamos en falta a implicación do Concello nas xestións necesarias para que todo este proceso fose moito máis rápido, e sentímonos indefensos e molestos con toda esta falla de actuacións, sobre todo porque no pasado, cando o PSOE, estaba na oposición, esixía do goberno local que se puxera de parte dos veciños cando Porto do Cabo quedou sen sinal de Televisión polo apagón analóxico”. Recuerdan que en aguel momento el ahora alcalde, Alberto González, “criticaba a falla de sensibilidade da administración coa situación dos veciños”, recordándolle á Xunta de Galicia “que tiña a responsabilidade de buscar alternativas ós problemas dos veciños, cousa que non está a facer neste caso”, afirman. Así as cousas, si o día 1 de xaneiro non teñen fibra anuncian mobilizacións. 

Veciños de Porto do Cabo anuncian mobilizacións se non lles conectan a fibra

Te puede interesar