Dende o goberno de Valdoviño, xunto coa empresa Naturgy, iniciáronse a semana pasada as obras na rede eléctrica que permitirán a posta en marcha da estación de bombeo da Cubeta (Meirás). O orzamento para este acometido é de algo máis de 42.000 euros.
O alcalde da localidade, Alberto González, comentou que “os traballos permitirán dar subministro á estación, poñer a andar as bombas e, así, ampliar o servizo de saneamento aos lugares de Fornos e Pallotas, na parroquia de Meirás”.
Ademais, como recorda o Concello, aqueles veciños que o necesiten poden recepcionar as solicitudes de conexión de augas ante a empresa concesionaria deste servizo, Viaqua.