Un total de 18 homes e mulleres obtiñan esta semana a titulación do curso básico de Protección Civil, “formación necesaria e imprescindible para poder integrarse nalgunha das agrupacións locais de voluntarios”, explican desde o goberno de Valdoviño, concello no que tivo lugar esta formación organizada pola Asociación Provincial de AVPC de A Coruña.
Estas clases, cun total de 32 horas lectivas, repartíanse na fase teórica, no centro sociocomunitario, e a práctica, celebrada nas inmediacións da casa da cultura. Entre os contidos abordados atopáronse conceptos básicos, nocións de seguridade vial e comunicacións ou respostas fronte a emerxencias médicas en calquer tipo de situacións.
Con este tipo de iniciativas, destacan dende o Concello, mantense a vontade de “facilitar a participación de persoas interesadas en sumarse como voluntarias” que, ademais, coñecen o traballo da agrupación de primeira man ao ser os propios integrantes desta os encargados da docendia. Na clausura do acto estiveron presentes o concelleiro de Obras, Alejandro García, e o xefe de Protección Civil de Valdoviño, Francisco Dopico.