Un traballo do CPI As Mirandas sobre a relación de Cuba e Ares, premio da Deputación coruñesa

Un traballo do CPI As Mirandas sobre a relación de Cuba e Ares, premio da Deputación coruñesa
A vila aresana contou coa primeira escola indiana de Galicia feita con fondos da emigración na Habana financiando ata cinco escolas

A sede da Deputación coruñesa acolleu nas últimas horas a reunión do xurado do Premio Escolar “Lazos Coruñeses con América”, convocado pola institución provincial, que decidiu, por unanimidade, conceder o galardón ao traballo elaborado por alumnado do CPI As Mirandas de Ares, titulado “Ares e Cuba, unha historia compartida. A súa pegada indelebre no noso pobo”.


O presidente da Deputación, Valentín González, trasladou a súa felicitación ao alumnado e o equipo docente do CPI As Mirandas “por un exelente traballo que contribúe a manter na memoria colectiva e dar a coñecer entre as novas xeracións a importancia que a emigración tivo e ten para Ares e para toda Galicia”, dixo.


O alumnado ivestigou sobre as razóns, o proceso e a pegada da emigración en Ares. Neste sentido, no traballo destácase o feito de que “En Ares temos que estar orgullosos de ter a primeira escola indiana de Galicia, e a segunda de España, impulsada, pagada e sostida polos emigrantes aresáns na Habana. Non foi unha escola, senón cinco, as que se construíron no Concello de Ares co capital e a ilusión dos nosos emigrantes”. A primeira escola foi a Alianza Aresana de Instrucción, seguida das escolas de Redes (A Tenencia), Escola de Nenas de Ares, Seselle e Cervás.


O traballo premiado foi realizado por 7 alumnos e alumnas de 4° de ESO dentro da asignatura de Xeografía e Historia e en colaboración coa asignatura de Lingua Galega e tamén co Equipo de Dinamización Lingüística, a través do programa de fomento da Lingua Galega que se leva a cabo no centro. Os alumnos participantes foron: Geovanna Carvalho de Medeiros Correia, Luís Alejandro Crespo Oltra, Hugo Martínez Cortizas, Fabio Polo Leira, David Vila Villares, Iván Pena Dovale e Gonzalo Martínez Cauce.


A profesora coordinadora do proxecto foi María do Rocío Pena Pena, profesora de Xeografía e Historia no centro educativo. O Premio de traballos de investigación escolar “Lazos coruñeses con América Latina” Premio LACAL, ten por obxectivo fomentar o coñecemento da historia da migración galega e a creación das comunidades galegas nos países de América Latina, dada a especial relevancia que este feito migratorio tivo e ten na provincia de A Coruña. 

Un traballo do CPI As Mirandas sobre a relación de Cuba e Ares, premio da Deputación coruñesa

Te puede interesar