San Sadurniño aproba as obras do plan provincial e as bonificacións do ICIO

San Sadurniño aproba as obras do plan provincial e as bonificacións do ICIO
Un intre da primeira sesión plenaria do ano | césar Galdo

O primeiro pleno de xaneiro en San Sadurniño, con nove puntos na orde do día, caracterizouse pola unanimidade na maioría das cuestións tratadas, sen votos en contra en ningún momento. Entre os temas destacados xa se deu conta da aprobación. O resumo da sesión, retransmitida en directo por Facebook, incorpora desde agora unha nova funcionalidade, xa que premendo nas ligazóns do texto pode accederse directamente ao punto concreto do vídeo en que se debateu cada cuestión.


O pleno comenzou dándolle a benvida a Alfonso Alcalá, novo secretario municipal en substitución do titular, Miguel Arroyo, trala súa marcha ás Somozas O primeiro punto en aprobarse foi o Plan de Implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 da ONU. Un documento que recolle as actuacións (17 obxectivos) que se deben levar a cabo no territorio para contribuír á sostenibilidade.


Tamén se aprobou a modificación da ordenanza reguladora do ICIO, que pasará a ter unha bonificación do 95% no imposto para obras de rehabilitación que non conten con servizos de saneamento e outro tanto para as obras que favorezan o acceso ás viviendas a persoas con discapacidade, entre outras rebaixas. 


Tamén houbo apoio unánime para a distribución do POS para obras e asuntos sociais. Tamén se lle deu o visto e prace a actualización da Mesa Permanente de Contratación, e a baixa no inventario do antigo tractor. De maior calado foi a exposición do Plan Único para esta anualidade, destinando 168.483 euros a gasto corrente e 128.216 á mellora da rede viaria. O POS adicional, 59.969 euros, adicaranse ao financiamento de persoal adscrito a Servizos Socias e ao reforzo do SAF.

San Sadurniño aproba as obras do plan provincial e as bonificacións do ICIO

Te puede interesar