lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

San Sadurniño adxudica o arranxo de varias pistas nas parroquias de Lamas e Naraío

Imaxe do plano no que se observa o cambio de usos do chan | Concello

A plataforma de contratación do Concello de San Sadurniño ten en marcha tres procedementos referidos a obras de reparación en algo máis de 6,5 quilómetros da rede viaria municipal. O prezo conxunto en que están orzamentados os tres proxectos aproxímase aos 208.000 euros, que o goberno local financiará con cargo ao POS+ provincial e ao Plan de Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas da AGADER. Dous dos programas encóntranse en fase de avaliación, mentres que o terceiro, dirixido ao arranxo de varias pistas en Lamas e Naraío, acaba de adxudicárselle en 55.209,08 euros a José No Mantiñán e Hijos Construcciones S.A.


O proxecto adxudicado e cuxo contrato xa está formalizado denomínase “Ensanche e pavimentación dos camiños de Vilar, Piegolongo, Penacastrelo, Vilarxá e O Furado” e ten un prazo máximo de execución de catro meses desde a sinatura da acta de replanteo da obra. No caso de Lamas repararase a pista que une o Vilar con Felgosa  e a que enlaza este eixo con Piegolongo, preto do límite con Moeche. Ademais, sen saír de Lamas, tamén se reasfaltará a pista de Penacastrelo e aproveitarase para botarlle unha nova capa de saburra a un camiño de 225 metros de lonxitude que vai desde este núcleo até o Chao, como informan desde o Concello.


Así mesmo, explican que en Naraío, os traballos incluídos neste proxecto servirán para reparar o acceso a dúas vivendas en Vilarxá e para sanear o primeiro tramo da pista que sobe até o Furado  desde a ponte sobre o Castro. Son 350 metros de forte pendente e unha curva pronunciada “onde nos últimos tempos se foron acumulando desperfectos cada vez máis profundos que requiren unha solución inmediata”, aseguran.


O devandito contrato de obra licitouse en algo máis de 57.500 euros e para asumir o mesmo concorreron tres empresas, sendo a oferta máis vantaxosa a presentada por José No Mantiñán e Hijos Construcciones S.A., quen rebaixou o prezo de saída en 2.300 euros. O Concello agarda que a obra en cuestión poida comezar en cuestión de días. 

San Sadurniño adxudica o arranxo de varias pistas nas parroquias de Lamas e Naraío

Te puede interesar