Cedeira conmemora o Día de Galicia albergando de 11.00 a 21.00 horas o Encontro Artesán no Paseo da Mariña, no que os participantes mostrarán o seu traballo nun mercadiño que se complementará con obradoiros e actuacións.
Para os máis pequenos haberá “mandalas celtas” ás 12.00 e as Aturuxeiras actuarán ás 12.30, dando paso logo á danza oriental de Vikingas. Músicos locais tocarán ao mediodía e pola tarde haberá pintacaras e, xa ás 19.00, baile tradicional con Buxainas. Para pechar, ás 19.30, máis mandalas celtas.