Pontedeume conmemora hoxe o Día Internacional do Ioga con 108 saúdos ao sol

Pontedeume conmemora hoxe o Día Internacional do Ioga con 108 saúdos ao sol
Unha sesión de ioga ao aire libre I Jorge Meis

O Concello de Pontedeume conmemora hoxe o Día Internacional do Ioga cunha sesión ás sete da tarde no parque Alcalde Sarmiento

 

Desde o executivo local explican que, como parte da actividade, realizaranse un total de 108 saúdos ao sol e cantaranse 108 mantras “para celebrar o solsticio de verán”. 

 

Trátase dunha práctica aberta a todos os interesados e para todos os públicos, que se pode comezar ou rematar cando se desexe. Así pois, para tomar parte desta iniciativa impulsada polo Consistorio eumés tan só será preciso levar unha esterilla.

Pontedeume conmemora hoxe o Día Internacional do Ioga con 108 saúdos ao sol

Te puede interesar