A pegada do Perla Mural Fest enche de arte urbano as rúas de Fene, con espazo tamén para os máis cativos

Carlos Sardiña dirixe hoxe, de 10.30 a 13.30 horas, una actividade para elaborar unha obra colectiva
A pegada do Perla Mural Fest enche de arte urbano as rúas de Fene, con espazo tamén para os máis cativos
Avance do mural colaborativo pensado para os pequenos | Daniel Alexandre

A nova edición do Perla Mural Fest comezou esta fin de semana para converter Fene, unha vez máis, nun lenzo para artistas de prestixio internacional.


Así, ademais dos murais que xa asoman no número 25 da avenida Naturais (do lucense Diego As), no 9 da rúa Río Cádavo (do pontés Wedo Goás), e no 11 da Paralela a San Estevo (do madrileño David Barrera), os máis pequenos teñen a oportunidade de participar –hoxe de 10.30 a 13.30 horas– nunha obra colaborativa nas inmediacións da pista do CCRD de Perlío, onde tamén se celebra o apartado musical deste festival de arte urbano. 

 

 

 

A actividade, pensada para menores de entre seis e 13 anos, corre a cargo de Carlos Sardiña.
Os concertos e as sesións vermú –estas últimas con entrada de balde– tiveron tamén protagonismo nas dúas primeiras xornadas. Despois das actuacións nocturnas o venres de Sarria, Grex, O’Funk’illo, Sara Socas e Hugo Guezeta, na noite de onte subiron ao escenario Alison Darwin, Melifluo, Bernal, Drugos e Juanca Superseb. DJR4Tibrón repetiu un ano máis pechando ambos días.

 

 


No caso dos pases matinais, as formacións Pulpa e Superglú puxeron a bailar onte aos presentes en Perlío. Hoxe será o turno de Litus e Sintrom, coa posibilidade de degustar liscos a prezos populares e de participar no sorteo de rifas.


O Perla Mural Fest fenés situouse no panorama internacional da arte urbana ao conseguir, nas dúas primeiras edicións, o recoñecemento ao Mellor Mural do Mundo outorgado pola plataforma StreetCities.
No primeiro dos casos, a obra “A violonchelista de Fene” do madrileño Sfhir conquistou ao xurado. Despois fíxoo “O Charanguista Andino” do chileno Cristóbal Persona. 

 

 

 

 

A pegada do Perla Mural Fest enche de arte urbano as rúas de Fene, con espazo tamén para os máis cativos

Te puede interesar