Formación en reanimación para traballadores do Concello de Mugardos impulsada pola Xunta

Formación en reanimación para traballadores do Concello de Mugardos impulsada pola Xunta
Persoal do Concello poñendo en práctica o aprendido na formación I Daniel Alexandre

A casa consistorial mugardesa acolleu hoxe unha xornada formativa sobre técnicas de reanimación cardiopulmonar básica e manexo dos desfibriladores semiautomáticos (DESA), na que tomaron parte dez traballadores municipais –entre persoal da Policía Local, Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) e membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil–. 

 

A proposta contou coa presenza da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, así como da directora da Función Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, Adriana Regueira, e o alcalde, Juan Domingo de Deus.


Durante a formación, os presentes puideron actualizar os seus coñecementos en primeiros auxilios mediante tres torsos do 061, cos que puxeron en práctica as técnicas aprendidas.


Pola súa banda, Aneiros felicitou ao Concello pola adquisición de 12 desfibriladores semiautomáticos externos, inscritos no Rexistro DESA galego. “Este feito garante que a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 teña constancia da súa existencia e da posibilidade de ser empregados en caso de necesidade, seguindo as indicacións dos médicos coordinadores do 061”, explican dende o executivo autonómico.


O goberno mugardés estenderá esta formación á totalidade do persoal municipal (70 traballadores) así como aos veciños e veciñas interesados, con xornadas formativas que se desenvolverán en todas as parroquias.

Formación en reanimación para traballadores do Concello de Mugardos impulsada pola Xunta

Te puede interesar