O Festival Rock regresa o vindeiro venres a Narón coa música de seis formacións

O Festival Rock regresa o vindeiro venres a Narón coa música de seis formacións
Nuevo Plan será unha das formacións que actuarán no festival naronés

A Praza de Galicia será o vindeiro venres día 23 escenario do Festival Rock coa participación das formacións Keepers, Blac Jack, Gin Toni´s, Broken Peach, Nuevo Plan e Sintron ni Son. Tocarán baixo a carpa instalada na zona, desde as 20.00 horas, e a entrada será de balde ata completar a capacidade do recinto.
 

A programación do Nadal incluirá tamén, a vindeira semana, as actividades impulsadas polo Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón, con gran variedade de propostas na Praza da Gándara. Comezarán o luns, cun obradoiro de maquillaxe infantil de 18.00 a 20.00 horas.
 

O día 20 actuará a Escola de Zanfona do Padroado da Cultura de Narón ás 17.30 horas e poderase ver aos personaxes de Disney Mickey e Minnie Mouse dende as 17.30 ata as 20.00. O mércores 21 será o turno da Escola de pandeireta e canto (17.30) e o xoves 22 haberá dúas novas propostas; ás 17.30 actuará a Escola de bailes tradicionais e ás 19.00 o concerto de A Banda do Garaxe. O día 23 poderase ver a actuación de Xemelgas.
 

Na última semana do ano haberá marionetas, concerto de acordeóns folk da Escola Bellón Maceiras, o concerto de Carlos Quintá, un obradoiro de pintura con Leandro Lamas, a música do Quinteto do conservatorio de metais e unha exhibición da escola de baile Un Paso Adelante.
 

Hoxe

No que se refire á programación cultural desta fin de semana en Narón, comenzará esta mañá na biblioteca cunha actividade sobre O Apalpador.
 

Pola tarde, ás 16.30 horas, partirá da Praza de Galicia a duodécima Xornada Moteira Solidaria, impulsada polo Concello e o Moto Club Fojeteiros para recibir ás 17.30 horas a Papá Noel, na mesma praza. Recollerase roupa, xoguetes e alimentos non perecedoiros para o Centro de Recursos Solidarios do municipio. No Pazo da Cultura haberá dúas novas funcións do espectáculo “Galtük, un sueño de navidad”.
 

“Animarúa”

Tamén haberá actividade mañá na Praza de Galicia, da man, neste caso, do programa “Animarúa” promovida desde a área de Promoción Económica. Dará comezo ás 11.45 horas cunha exhibición de baile da academia Comparte, á que seguirán dúas de Un Paso Adelante e outra de UPA Jump. Tamén haberá propostas de animación infantil, o espectáculo Cantabaila ou variados obradoiros.
 

Haberá así mesmo presentacións literarias e un concerto de música a cargo do grupo The Cruze. Entre os asistentes ao mesmo sortearase unha cesta con produtos de Nadal.

O Festival Rock regresa o vindeiro venres a Narón coa música de seis formacións

Te puede interesar