Fene, o concello da comarca que máis actos organiza para celebrar o Día da Patria Galega

Tamén Cedeira celebra este xoves un acto institucional
Fene, o concello da comarca que máis actos organiza para  celebrar o Día da Patria Galega
Na imaxe, un momento do acto institucional do concello fenés, que celebra o 25 de xullo durante todo o mes | Emilio Cortizas

Xullo é o mes da Patria en Fene, onde cada ano se organiza un extenso e completo programa de accións encamiñadas a festexar o Día de Galicia como se merece. O groso das propostas tiveron lugar entre as xornadas do 9 ao 12 deste mes, a que calificaron como Semana Grande. E non foi para menos pois nestos días sucedéronse no concello as actuacións de Peter Punk e o seu espectáculo clown; o monologuista Carlos Blanco, que esgotou entradas en tempo récord; e Caamaño & Ameixeiras volveron facer gozar coa súa música ao público fenés. 

 

O día 12 tivo lugar o acto institucional do ciclo, coa habitual lectura do manifesto, que este ano correu pola conta de Alexandre Marín, fillo do humorista gráfico fenés Xaquín Marín. Como é tradición, este acto desenvolveuse a carón do monumento do Día da Patria instalado no parque liñal do Río Cádavo, e posteriormente o festival de Habaneras e Canto Coral, no que tomaron parte as corais e rondallas fenesas.


As propostas foron máis e a vila volveu a rexistrar unha exitosa xornada do Deporte na Rúa (7 xullo) que é todo un referente entre as familias do vecindario, que se implican en todas as propostas. Así mesmo, non faltou tampouco otra cita tradicional do xullo fenés como a Festa dos nenos, con inchables e propostas de lecer pensadas para eles.

 

Acto institucional, este xoves en Cedeira


A vila cedeiresa é das poucas da contorna que celebra este xoves o seu acto institucional. Así, contra ás 12.00 horas haberá unha concentración na praza do Concello, onde tamén se dará lectura a un manifesto. A cita non se quedará só niso e haberá música a cargo do dúo Dopaflor e da Asociación Cultural Buxaina, que meterán o ritmo no corpo aos presentes. Nesta xornada tamén haberá un encontro artesán na vila, con apertura de postos desde as once da mañá ata a noitiña, no Paseo da Mariña.

Fene, o concello da comarca que máis actos organiza para celebrar o Día da Patria Galega

Te puede interesar