A Concellería de Economía, Facenda e Deportes do Concello de Ortigueira impulsa esta fin de semana, en colaboración coa Asociación de Comercio e Hostalería Ortegana unha nova edición do Outlet. A iniciativa, que busca apoiar ao tecido económico da localidad, comezou este sábado nos xardíns Julio Dávila e prolongarase ata o día de hoxe –de 10.00 a 21.30 horas–.
Nela participan un total de oito establecementos do concello, a saber: Centro Auditivo María Mera, Ciclos Cociña, Black Rose Shop, Librería Ramos, Calzados Galofer, Goga Moda, La Ortiga e Bamby.