As Fragas do Eume estarán presentes a vindeira semana en Fitur da man da Deputación

As Fragas do Eume estarán presentes a vindeira semana en Fitur da man da Deputación
Acto da Deputación da Coruña na pasada edición da Feira de Turismo (Fitur) | Deputación

O Plan de Sustentabilidade Turística en Destino das Fragas do Eume –xunto co de “Os Fogóns do Anllóns”– será un dos protagonistas dos actos institucionais que a Deputación da Coruña desenvolverá a vindeira semana en Fitur.
 

Tal e como indican dende o organismo provincial, será o vicepresidente da institución e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, o encargado de encabezar a delegación coruñesa na Feira de Turismo “máis relevante do Estado”. Nela participarán, ademais, representantes políticos dos concellos de ambas comarcas –de Bergantiños e do Eume–, así como membros do tecido social, económico 
e deportivo.

 

Vídeo promocional

O xoves 19 ás 18.00 horas presentarase o Plan de Sostenibilidade Turística en Destino “As Fragas do Eume”. 
 

A Deputación incluirá no seu acto un vídeo promocional que recolle as potencialidades dos cinco municipios participantes no proxecto –As Pontes, Cabanas, Monfero, Pontedeume e A Capela–, “e repetirá o esquema de intervencións da Xunta, Deputación e Concellos”.
 

Dende o organismo que preside Valentín González Formoso destacan que todos os proxectos que o departamento provincial de Turismo impulsou nas diferentes convocatorias de Plans de Sustentabilidade do Ministerio foron aprobados con éxito. Refírese, en concreto, ao Xeoparque do Cabo Ortegal, Fragas do Eume, Fogóns do Anllóns e Vía Verde.
 

Entre todos suman seis millóns de euros de fondos europeos –1,5 millóns cada un– e implican a 22 municipios da provincia. Dende a Deputación salientan que todos eles son “proxectos altamente comprometidos co territorio, coa conservación do medio rural e que teñen ao medio natural como motor de desenvolvemento”.

As Fragas do Eume estarán presentes a vindeira semana en Fitur da man da Deputación

Te puede interesar