Ares tingue as súas rúas de cores e flores noutra edición do Corpus Christi este domingo

Ás 17.00 horas desde domingo terá lugar a misa, seguida dunha procesión entre as alfombras
Ares tingue as súas rúas de cores e flores noutra edición do Corpus Christi este domingo
Imaxe de arquivo da procesión do Corpus en Ares | Jorge Meis

A asociación Alfombras Florales de Ares vive con intensidade os días previos á celebración do Corpus Christi este domingo. Tras semanas de traballo e dedicación podando tuias, así como pintando rúas, serríns e sales, todo este esforzo sairá á luz e amosarase á cidadanía do municipio. En total, cubriranse cinco tramos da vila con outras tantas temáticas facendo uso de 34 toneladas de materiais


Ademais do traballo de cortar verdes e confeccionar estes tapices coloridos, hai moitas funcións previas non tan visibles como o deseño a ordenador ou a medición das rúas. Trátase dun labor intenso durante o mes previo á celebración, pero efémera, xa que o día despois toca recoller todo e deixar Ares tal e como estaba antes. 

 

A cidadanía demostra o seu compromiso con esta tradición do Corpus Christi tamén á hora da recollida, pois tal e como afirma Teresa Muíños, presidenta da asociación, “al día siguiente del trabajo ya encuentras una cantidad de gente movilizándose para no dejar rastro, está limpio Ares 24 horas después. No lo ensuciamos, lo engalanamos”. A través deste espectáculo visual coas alfombras florais a cargo da asociación organizadora, Ares vivirá un ano máis un Corpus Christi que é Festa de Interese Turístico de Galicia


Un día de celebración


Ás 17.00 horas terá lugar a misa, seguida dunha procesión entre as alfombras que comprenderá un percorrido de preto de 1,7 quilómetros, pasando pola praza da Igrexa e as rúas María e Real. A veciñanza poderá gozar tamén dun concurso de decoración floral, que consistirá na ornamentación das portas, fiestras ou balcóns das súas vivendas ou negocios. Desta maneira, toda a cidadanía terá a oportunidade de contribuír a cubrir a vila aresá de vida e de cor un ano máis.

Ares tingue as súas rúas de cores e flores noutra edición do Corpus Christi este domingo

Te puede interesar