lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Aberto o prazo de matrícula no obradoiro “Un teatro de coidados” para coidadoras

Na imaxe as alumnas do programa anterior “abrindo o telón dos coidados” | cedida

O Concello das Pontes abre hoxe o prazo de inscrición no programa “Un teatro de coidados” dirixido ás coidadoras informais do municipio. A través desta proposta, organizada polo departamento de Benestar Social, búscase dar continuidade ao obradoiro de interpretación teatral “Abrindo o telón dos coidados” celebrado durante a primavera. Así mesmo, búscase, mediante diferentes liñas de acción, traballar a saúde e o benestar físico, mental e social das mulleres coidadoras de persoas dependentes no ámbito doméstico así coma reforzar, mellorar e potenciar a súa confianza e autoestima.


Tania Pardo, concelleira de Benestar Social e Igualdade, subliña que “a través do programa `Un teatro de coidados´ queremos minimizar o impacto do coidado, prestándolles un  espazo de crecemento persoal desde o que explorar novos camiños para recoñecerse, redescubrirse e reciclarse dentro da vida dos coidados, conectando co seu interior integrando corpo e mente e sentindo equilibrio interno persoal e coa contorna. É, ao mesmo tempo, unha forma de descubrir os dotes interpretativos persoais onde reafirmar a individualidade e atopar fíos comúns co resto de persoas, reforzando así a colectividade”.


O programa, dirixido a mulleres que desenvolveron, desenvolven ou están en situación de desempeñando coidados no ámbito familiar, comprende 9 sesións de traballo, de dúas horas, que inclúen asesoramento personalizado e diversas actividades lúdicas, talleres orientados a proporcionar ás participantes unha experiencia completa sobre proceso teatral para concluír coa posta en escena dunha obra creada por elas mesmas “para estimular o autocoñecemento e as propias habilidades, a capacidade de gozar do momento presente apartando a angustia, coñecer os recursos persoais, vencer medos, desenvolver a comunicación e a concentración, a memoria e coordinación de maneira individual e cooperativa co resto de compañeiras”, informan.


Todas as actividades levaranse a cabo na aula polivalente da Casa dopeso os venres de 17 a 19 horas dende o 2 de decembro ata o 30 de xaneiro. A inscripción pode facerse ata o 30 de novembro. 

Aberto o prazo de matrícula no obradoiro “Un teatro de coidados” para coidadoras

Te puede interesar