Os libros e carteis elaborados por Castelao exhíbense nunha exposición en Cedeira

A mostra inaugúrase esta mesma tarde de mércores no auditorio municipal
Os libros e carteis elaborados por Castelao exhíbense nunha exposición en Cedeira
Este 2025 foi declarado Ano Castelao a nivel autonómico | CEDIDA

O auditorio municipal de Cedeira acollerá durante dúas semanas unha exposición que realiza un percorrido pola traxectoria vital e política do artista e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A inauguración terá lugar esta mesma tarde de mércores, ás 18.00 horas, e convídase a toda a veciñanza a participar neste acto que renderá homenaxe ao líder galeguista.


Segundo explicou o concelleiro de Cultura, Xosé Antón Arribe Rodríguez, a mostra inclúe 75 libros de Castelao, o mesmo número de anos que se cumpren do seu cabodano e que motivaron a dedicación do 2025 a este referente ideolóxico.


Amais da súa produción editorial, cuxas pezas proceden dos fondos da biblioteca municipal e dunha colección particular, a proposta exhibe unha selección de carteis, entre os que destaca un sobre a estrea da Rianxeira, a cantiga composta por Anxo Romero para homenaxear a Castelao á súa chegada a Bos Aires. 

Os libros e carteis elaborados por Castelao exhíbense nunha exposición en Cedeira

Te puede interesar