O CEIP Os Casais foi onte o epicentro da escola en Ferrolterra, coa visita, pola mañá, da artesá zoqueira Elena Ferro e, xa pola tarde, co acto de entrega dos premios “Somos Rural” que organiza Anpas Galegas. O centro fenés é a mostra de que o traballo dá froitos e, sobre todo, de que hai unha conciencia sobre a importancia de defender a escola rural.