Que unha depuradora de marisco non pode estar no monte, porque precisa dun caudal de auga de mar que non adoita haber na montaña, é algo que se coñece ben en Galicia, pero quizais non tanto en Madrid. Despois de todo o lío, en Costas dixeron de palabra que as de Cambados están ben onde están. E niso, na palabra dunha entidade baixo unha administración esquerdista, confía o líder do PSdeG Valentín González Formoso. “Estamos tranquilos”, dixo onte, pero “estarémolo máis cando conteste por escrito ao sector”. FOTO: formoso, confiando en costas, xunto ao alcalde de cambados | gonzalo salgado | aec