Durante esta fin de semana, As Pontes contará con varios encontros para distintos públicos.
O Pavillón Polideportivo Municipal acolle hoxe o I Encontro de Palillos organizado por “A Xanela”. Numerosas palilleiras estarán presentes desde as 11:30 ata as 19:00 para confeccionar as súas labores. O encontro ofrece actividades como un obradoiro de palillos, unha exposición de tocados e plantas e un sorteo de regalos.
Na pista exterior do pavillón terá lugar o MercaZoko nun horario de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Haberá premios de catro cestas picnic e 600 euros para gastar nos establecementos participantes.
A Fraga de Rita alberga tamén nesta xornada de sábado a Romaría das Merendas. Nesta festividade, os asistentes visten indumentaria dos anos 50 e levan comida para disfrutar dunha sesión vermut na que actuarán os grupos “Axóuxere”, “Roupar”, “Vai rañala meu!” e “Benofan” e unha Foliada Estelar a cargo de “Sondailla”, “Algarabía”, “Aquí e alá”, “No cómbaro”, Xosé Liz e Antía Caaveiro, “Traspés”, “Petricor” e “Os Sibailas”, seguida dunha foliada.
Dende onte, estase a suceder unha concetración de autocaravanas na praia do Lago, organizada pola da Asociación Galega de Autocaravanas e o Club Autocaravanista Principado de Asturias. O día de hoxe inclúe varias rutas de senderismo, unha comida de fraternidade e cea con sesión DJ e sorteos, foodtrucks e zona infantil.
Mañá finalizará a concentración coa feira quincenal, unha táboa redonda “El Turismo de Autocaravanas” no Cine Alovi, un vermú e a “Comida del Traje” no Lago. l