Ares retoma o tradicional Festival de Panxoliñas, estruturado en dúas sesións

Ares retoma o tradicional Festival de Panxoliñas, estruturado en dúas sesións
Un momento da actuación da Rondalla Trovadores o pasado sábado na igrexa San Xosé de Ares

A Igrexa de San Xosé, en Ares, converteuse o pasado sábado no escenario dunha nova edición, a a décima, do Festival de Panxoliñas. Trala cancelación por mor da pandemia da covid, a cita regresou este ano estruturada en dúas sesións para garantir a hixiene e seguridad sanitarias. A primeira, celebrada o sábado, estivo protagonizada polo coro parroquial, o grupo Son de Troula e a Rondalla Trovadores. A vindeira cita será o domingo (18.30 horas), desta volta coa Banda da AC Xábrega e o Cuarteto Old Viena como protagonistas do cartel.


A proposta musical está considerada de gran valor sociocultural para o tecido aresán, con agrupacións que perpetúan o traballo a prol das composicións corais. O acto do sábado contou coa presenza do alcalde da localidad, Julio Iglesias; a concelleira de Cultura, Alma Barrón; e a de Igualdade, Victoria Montenegro.


Barrón salientou, no discurso de apertura do evento, a necesidade de homenaxear “aos nosos veciños falecidos pola covid, lembrándoos o máximo posible” e agradeceu tanto ás agrupacións implicadas como ao párroco de Ares a súa disposición e intervención no festival. O alcalde, pola súa banda, fixo fincapé na solidariedade aresá en datas como as de Nadal: son tempos difíciles, mais podemos estar moi orgullosos de Ares, sempre á cabeza da solidariedade. Sentirmos orgullosos do que somos”.dixo.
O X Festival de Panxoliñas mantén tamén a prudencia habitual nos múltiples eventos programados desde a Concellería de Cultura. Neste caso, o certame reduciu a súa duración e espallouse en dúas sesións de cara a evitar aglomeracións na igrexa.


No concerto celebrado o sábado, as formacións participantes encheron o espazo de cancións, achegando desde melodías clásicas a composicións instrumentais de Nadal renovadas. 

Ares retoma o tradicional Festival de Panxoliñas, estruturado en dúas sesións

Te puede interesar