Ocio nocturno

hai unha acepción da palabra ocio no noso diccionario, que a define como: “Diversión, ocupación agradable e suave diferente do traballo habitual”. Xa que logo, habería que analizar polo miúdo se, iso que actualmente se entende como “ocio nocturno”, se corresponde coa definición do diccionario. Primeiro: vale como diversión, aínda que sexa amolando aos demais; segundo: vale como ocupación agradable para os “ociosos” aínda que resulte ben desagradable para os “non ociosos” afectados pola diversión dos outros; terceiro: iso de suave paréceme que non encaixa moito coa realidade dos ritmos frenéticos da “diversión”; cuarto: diferente do traballo habitual, vale, sempre que dito traballo habitual non sexa precisamente o ocio nocturno. É dicir, que a definición de ocio adquire un significado diferente cando se lle engade o cualificativo de “nocturno”, pois semella que, nese caso, a palabra ocio debería ser substituída por “desmadre”. Coido que “desmadre nocturno” é a definición máis acaída para este tipo de actividades, que escollen a nocturnidade e aleivosía para ceibar a parte de besta que todos levamos dentro. Digo eu, claro. E sen pretender sentar cátedra, por suposto, pero paréceme que algo habería que facer para que “o personal” entenda que, no ocio, non todo vale.

Ocio nocturno

Te puede interesar