lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Grazas a nós non;grazas a vosoutras

a globalización á que estamos sometidos desde hai xa uns anos, tamén está a darse no sistema agro-alimentario, poñendo en perigo os ecosistemas naturais, a saúde da xente e sendo unha parte importante na crise climática que estamos xa sufrindo. Esta etapa que empeza máis ou menos nos anos 80 do século pasado, caracterízase por desmontar os sistemas tradicionais e milenarios de producir alimentos, expulsando as labregas do seu traballo, para fornecer a chamada revolución verde dos anos 1960. Este novo xeito de producir alimentos de modo intensivo, vén acompañado coa aparición de enfermidades como a “gripe aviar”, “polos con dioxinas”, “froitas e verduras con restos de químicos”etcétera....A finais dos anos 70 do século pasado apareceu a agro-ecoloxía, que era nada máis que o produto do saber milenario das labregas ou dos povos indíxenas, mesturado cos coñecementos científicos, en resposta á mecanización, o auxe da tecnoloxía e a bioquímica na agricultura e gandería do rural. A agro-ecoloxía trata de utilizar os recursos naturais de xeito sostíbel e acorde coa natureza, en resposta á crise ecolóxica, que empezabamos xa daquela a sufrir. Máis non só se trata de producir alimentos, senón que se intenta actuar en todas as fases da cadea: subministro, transporte e venda facendo todo isto de xeito sustentábel e diferente aos sistemas globalizados que hoxe imperan, que tanto dano están a facer á saúde da xente e da natureza. É dicir, a agricultura ecolóxica busca levar ás comunidades o desenvolvemento sustentábel, promover nas poboacións outro modo de consumo diferente, non centrándose na acumulación capitalista, senón en cubrir as necesidades básicas das persoas.

Por sorte nosoutras en Ferrol termos desde fai anos un mercado de Recemil, onde desde sempre as labregas da comarca veñen varios días a semana a vender os produtos locais e de tempada do noso agro. Alimentos de gran calidade, onde o sabor e a textura nótanse diferenciándose con claridade dos mesmos alimentos vendidos nas grandes superficies. Unhas labregas que xeración tras xeración, pásanse a receita do saber facer da nosa cultura, do noso povo, na produción sustentábel de produtos agrícolas, onde o mimo e o cuidado do que producen, nótalo unha xa no momento de bota-lo a pota, enchéndose a casa dos olores do fresco, do natural, do verdadeiro, do importante da nosa terra.


Por todo isto urxe que o concello facilite e promova este mercado, favorecendo e mimando as labregas que veñen a por seus produtos a nosa disposición, para non perder un punto de referencia para as persoas que queremos seguir comendo produtos do noso agro naturais e sans, ademais de apostar e fornecer nosa economía local, a nosa economía produtiva.

Grazas a nós non;grazas a vosoutras

Te puede interesar